Produción cinematográfica

ZuZú Cinema

Zuzú Cinema Xavi Font

ZuZú é unha compañía independente de produción cinematográfica con sede en Galicia e Catalunya, adicada á produción de filmes de autor e orientada á coprodución internacional.

Cremos no cinema como ferramenta de autocoñecemento como sociedade e producimos desde esa responsabilidade, aspirando a unha ampla e variada audiencia. Somos reticentes ás lóxicas algorítmicas e á palabra ‘contido’, que mudamos por ‘cultura’.

Defendemos os cinemas como espazo para a experiencia colectiva que conecta ás persoas, permitindo medrar e pensarse, individual e colectivamente. A compañía foi fundada en 2022 por Xavi Font, baseada na súa experiencia como produtor de cinema e compositor.

Premios

Nominacións aos Premios Mestre Mateo

Nominacións aos Premios Goya

Dirección

Cl. Homenatge, 7
25250 Bellpuig (Lleida)
Catalunya (España)

Rúa Espírito Santo, 5
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Galicia (España)

Correo electrónico